SOBRE MIN

Son xurista, especializado en Dereito Administrativo, e afeccionado ao estudo do Dereito Civil -especialmente do Dereito Civil de Galiza-, do Dereito Parlamentario e da Historia do Dereito e das Institucións.

Licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña, son avogado -colexiado como non exercente- no Ilustre Colexio de Avogados de Lucena, procurador dos Tribunais no Ilustre Colexio de Procuradores de Pontevedra e xestor administrativo, ao ter superado a proba de acceso na convocatoria de 2017.

Realizo a tese de doutoramento sobre a aplicación e o desenvolvemento da Lei de Memoria Histórica nas entidades locais galegas na área de Dereito Administrativo da Universidade da Coruña, ao tempo que asesoro e formo parte de entidades que traballan na materia como a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña ou a Fundación Alexandre Bóveda.

O meu amplo coñecemento sobre os fondos documentais das distintas Administracións Públicas permíteme realizar a labor de documentar calquera asunto, tanto actual como antigo, mediante a busca nos Arquivos Históricos ou Administrativos, polo que colaboro con especialistas de tódalas ramas do ámbito xurídico-social, formando unha rede que agrupa actividades como a Avogacía, a Procuradoría dos Tribunais, a Investigación histórica, a Pericia caligráfica ou a Xestoría administrativa, o que me permite desenvolver o meu ámbito profesional da forma máis efectiva e completa.

search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close