No Parlamento de Galicia

ParGal

Durante a IX lexislatura (2012-2016) fun colaborador das deputadas do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Carme Adán Villamarín e Tereixa Paz Franco, tendo participado na tramitación das seguintes iniciativas:

→ Proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, para os anos 2013, 2014, 2015 e 2016.

→ Proxecto de Lei de impulso da ordenación das infraestruturas de telecomunicacións de Galicia, que motivou a Lei 3/2013, do 20 de maio.

→ Proxecto de Lei de racionalización do sector público autonómico, que causou a Lei 14/2013, do 26 de decembro.

→ Proposición de Lei pola visibilidade e non discriminación de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais en Galicia, que motivou a Lei 2/2014, de 14 de abril, pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia.

→ Proposición de Lei do Consello Consultivo de Galicia, que deu lugar á Lei 3/2014, do 24 de abril.

→ Proxecto de Lei de medidas urxentes derivadas da entrada en vigor da Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración Local, que causou a Lei 5/2014, do 27 de maio.

→ Proxecto de Lei de garantía da calidade dos servizos públicos e da boa administración, que provocou a Lei 1/2015, do 1 de abril.

→ Proxecto de Lei do emprego público de Galicia, que deu lugar á Lei 2/2015, do 29 de abril.

→ Proxecto de Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, que orixinou a Lei 4/2015, do 17 de xuño.

→ Proposicion de Lei para a reforma do Regulamento do Parlamento de Galicia, que deu lugar á Comunicación do 7 de agosto de 2015 pola que se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia da reforma do Regulamento do Parlamento de Galicia.

→ Proxecto de Lei pola que se aproba unha retribución de caracter extraordinario en concepto de recuperación da paga extraordinaria de decembro de 2012 aos empregados do sector público autonómico de Galicia, que causou a Lei 11/2015, do 1 de outubro.

→ Proxecto de Lei de transparencia e bo goberno, que motivou a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro.

Proxecto de reforma do Regulamento de organización e funcionamento do Valedor do Pobo.

→ Proxecto de Lei de ordenación da asistencia xurídica da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e do seu sector público, que orixinou a Lei 4/2016, do 4 de abril.

 → Proxecto de Lei pola que se modifica a Lei 4/2007, do 20 de abril, de Coordinación de Policías Locais, que causou a Lei 9/2016, do 8 de xullo.

__________

Imaxe destacada: © Parlamento de Galicia

search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close