Na Asociación de Amigas e Amigos do Museo de Pontevedra

AMUPo

Dende  novembro de 2014 tiven o pracer de renovar a Julio Pazos Gómez na secretaría xeral da Asociación de Amigas e Amigos do Museo de Pontevedra.

Esta entidade cultural, de longa tradición na vila do Lérez, foi presidida dende o seu inicio por Valentín Paz Andrade, a quen acompañaron persoas tan destacadas no ámbito cultural galego como Xosé Filgueira Valverde, Luciano García Alén, Rafael Fontoira Suris, Pilar Sánchez-Cantón Lenard, Germán Álvarez de Sotomayor de Castro, Amancio Landín Carrasco, Daría González García-Paz, Ernesto Baltar Feijoo, Manuel Torres Martínez ou Ramón de la Sota Martínez, entre outros.

En maio de 2017 pasei a ocupar a coordinación da Sección de Pensamento, Memoria e Sociedade e fun coordinador do Relatorio sobre a protección do Pazo de Lourizán, estudo preliminar que, apoiado por institucións como a Real Academia Galega de Belas Artes, pretende abrir o camiño que deban seguir as Administracións Públicas á hora de establecer políticas que afecten, directa ou indirectamente, sobre a contorna de Lourizán.

__________

Imaxe destacada: © Adrián Estévez

search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close