Aviso legal

Este sitio web, publicado baixo o nome de dominio ernestovazquez-rey.gal (en adiante o SITIO WEB) é propiedade e está xestionado por Ernesto Vázquez-Rey Farto (en adiante, o TITULAR), Procurador dos Tribunais colexiado co núm. 182 no Ilustre Colexio de Procuradores de Pontevedra, con NIF 77.413.449-A e domicilio aos efectos de comunicación no LG. A Carballa – Salcedo, 33, Código postal núm. 36143 de Pontevedra, teléfono de contacto (+34) 662 211 047 e dirección de correo electrónico despacho.ernestovazquezrey@gmail.com.

O TITULAR, a través do SITIO WEB, ofrece servizos xurídicos a concertar en réxime de arrendamento de servizos, e que serán levados a cabo con suxeición ao vixente Código Deontolóxico dos Procuradores dos Tribunais.

A utilización do SITIO WEB atribúe á persoa usuaria a condición de Usuaria do SITIO WEB (en adiante, a USUARIA) e implica a súa aceptación plena e sen reservas a todas e cada unha das disposicións vixentes en cada momento para o SITIO WEB.

Tanto o acceso ao SITIO WEB, como o uso que poida facerse da información contida no mesmo, é da exclusiva responsabilidade da USUARIA.

O TITULAR non garante a inexistencia de erros no acceso ao SITIO WEB, no seu contido, nin que este se atope actualizado, aínda que o TITULAR realizará os correspondentes esforzos para, no seu caso, evitalos, subsanalos ou actualizalos.

O TITULAR non se fai responsábel dos posíbeis erros de seguridade que se poidan producir, nin dos posíbeis danos que poidan causarse ao sistema informático da USUARIA (hardware e software), nin aos ficheiros ou documentos almacenados no mesmo, como consecuencia da presenza de virus ou malware no sistema ou nos dispositivos da USUARIA utilizados para a conexión cos servizos e contidos do SITIO WEB, así como dun mal funcionamiento do navegador ou do uso de versións non actualizadas do mesmo.

O TITULAR non se fai responsábel da información e contidos publicados ou almacenados polas Usuarias, a título enunciativo pero non limitativo, en sistemas de foro, chat, blogue, comentarios, redes sociais ou calquera outro medio que, no seu caso, permita a terceiros publicar contidos de forma independente no SITIO WEB do TITULAR; nin controla nin supervisa todos os contidos achegados polas páxinas web enlazadas, cuxas opinións non son, necesariamente, compartidas polo TITULAR. Non obstante o anterior, o TITULAR resérvase o dereito a retirar todo contido cuxa ilicitude lle conste.

Asimesmo, o TITULAR non se responsabiliza das contestacións que se realicen a través das distintas direccións de correo electrónico ou restantes canles de comunicación que aparecen no SITIO WEB, polo que en ningún caso poderá derivarse efecto xurídico vinculante das mesmas.

Non obstante o anterior, e ao abeiro do disposto na Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico, do 11 de xullo, o TITULAR ponse á disposición de todas as Usuarias, autoridades e forzas de seguridade para colaborar de forma activa na retirada ou, no seu caso, o bloqueo de todos aqueles contidos que poideran afectar ou contravir a lexislación nacional, ou internacional, dereitos de terceiros ou a moral e a orde pública. No caso de que o USUARIO considere que existe no SITIO WEB algún contido que poidera ser susceptíbel desta clasificación, prégase se poña en contacto co TITULAR.

No ánimo de que o uso do SITIO WEB se axuste a criterios de transparencia, claridade e sinxeleza, infórmase de que calquera suxerencia, dúbida ou consulta sobre o mesmo ou o seu uso poderá ser remitida ao TITULAR a través da dirección de correo electrónico arriba indicada, así como polo resto das vías de contacto dispoñíbeis a través do SITIO WEB.

search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close