DESPACHO DE PROCURADOR

O despacho está dirixido por Ernesto Vázquez-Rey, procurador dos Tribunais, colexiado núm. 182 do Ilustre Colexio de Procuradores de Pontevedra.

Portada

Licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña, é avogado -colexiado como non exercente- no Ilustre Colexio de Avogados de Lucena, procurador dos Tribunais no Ilustre Colexio de Procuradores de Pontevedra e está habilitado para exercer como xestor administrativo, ao ter superado a proba de acceso do Colexio de Xestores Administrativos de Galicia na convocatoria de 2017.

Xurista especializado en Dereito Administrativo e afeccionado ao estudo do Dereito Civil -especialmente do Dereito Civil de Galiza-, do Dereito Parlamentario e da Historia do Dereito e das Institucións, realiza a súa tese de doutoramento sobre a aplicación e o desenvolvemento da Lei de Memoria Histórica nas entidades locais galegas na área de Dereito Administrativo da Universidade da Coruña, ao tempo que asesora e forma parte de entidades que traballan na materia como a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña ou a Fundación Alexandre Bóveda.

No despacho, o noso amplo coñecemento sobre os fondos documentais das distintas Administracións Públicas permítennos realizar a labor de documentar e xestionar calquera asunto, tanto actual como antigo, mediante a busca nos Arquivos Históricos ou Administrativos, xa que colaboramos con especialistas de tódalas ramas do ámbito xurídico-social, formando unha rede que agrupa actividades como a Avogacía, a Investigación histórica, a Pericia caligráfica ou a Xestoría administrativa, o que nos permite desenvolver o noso traballo da forma máis profesional, efectiva e completa.

Colaboramos con:

Espinosa   Margarita Pereira

 


Ilustre Colexio de Procuradores de Pontevedra   Consello Galego dos Procuradores   proccertlogol

search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close