CURRÍCULO

EIDO PROFESIONAL:


Ilustre Colexio de Procuradores de Pontevedra

— 2018 / Act. Procurador dos Tribunais do Ilustre Colexio de Procuradores de Pontevedra.

 


logo_crmh

— 2017 / Act. Asesor xurídico-administrativo.

 


Ilustre Colexio de Avogados de Lucena

— 2017 / Act. Letrado non exercente do Ilustre Colexio de Avogados de Lucena.

 


logo-1

— 2017 / Act. Apto para o exercicio profesional como xestor administrativo, ao ter superado as probas de acceso ao título, convocadas pola Consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galiza.


ParGal

— IX Lexislatura (2012-2016). Asistente parlamentar na tramitación de diversas iniciativas do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), como a Proposición de Lei do Consello Consultivo de Galiza (2014), a Proposición de Lei para a reforma do Regulamento do Parlamento de Galiza (2015), ou o Proxecto de reforma do Regulamento de organización e funcionamento do Valedor do Pobo (2015), entre outras, en colaboración coa deputada Tereixa Paz Franco; e a Proposición de Lei pola visibilidade e non discriminación de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais en Galiza (2014), en colaboración coa deputada Carme Adán Villamarín.


EIDO ACADÉMICO:


UDC

— 2005 / Act. Licenciado en Dereito (2015) e Investigador predoutoral na Área de Dereito Administrativo da Facultade de Dereito (2016 / Act.). Representante do estudantado nos Consellos de Departamento de Análise Económica e Administración de Empresas (2010 / 2014), Economía Aplicada I (2010 / 2014), Dereito Privado (2012 / 2015) e Dereito Público Especial (2014 / 2015); na Xunta de Facultade de Dereito (2011 / 2015) e nas súas comisións delegadas de Grao e Posgrao (2011 / 2013) e do XXV Aniversario (2012 / 2013). Membro da Comisión de seguimento do Plano de Normalización Lingüística (2012 / Act.), do Claustro Universitario (2011 / 2014) e da súa Mesa (2013 / 2014), así como do Consello de Goberno -por designación do reitor, Xosé Luís Armesto- (2013 / 2014) e das comisións delegadas de Prácticas (2013 / 2014), Extensión Universitaria (2013 / 2014), Bibliotecas (2013 / 2014) e da Comisión Interna da Universidade para o Programa Docentia da ACSUG (2013 / 2016).


CEUNE— 2014 / 2015. Representante da Universidade da Coruña no Consejo de Estudiantes Universitario del Estado (CEUNE).

 


f39aefc966c586872427f3b9315392ee— 2013 / 2017. Vogal do Comité de Avaliación Docente da rama de Enxeñarías e Arquitectura (2013 / 2015) e da rama de Ciencias Sociais e Xurídicas (2015 / 2017), no marco do Programa Docentia da Universidade da Coruña.


Print— 2014. Participante na Comisión de Avaliación da ENQA, para a acreditación da ACSUG.

 


logouniversidadevigo

— 2015 / Act. Estudante do Grao en Dirección e Xestión Pública (2015 / Act.). Representante do estudantado na Xunta de Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, na súa Comisión Permanente e na comisións delegadas de Docencia e Alumnado e Calidade, así como na Comisión Académica do Grao en Dirección e Xestión Pública e no Consello de Campus de Pontevedra (2016 / Act.). Membro do Claustro Universitario (2015 / Act.), do Consello de Goberno e da súa comisión delegada de Organización Académica e Profesorado (2015 / Act.), así como membro da Comisión Electoral (2016 / Act.) e secretario do Tribunal de Garantías (2017 / Act.).


logo_consello_social_uvigo

— 2016 / Act. Membro do Consello Social, elixido polo Consello de Goberno da Universidade de Vigo, en representación do estudantado. Nomeado polo Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia pola Orde do 10/11/2016 (DOG nº 236, do 13/12/2016).


f39aefc966c586872427f3b9315392ee— 2017. Vogal do Comité de Avaliación Docente da rama de Ciencias Sociais e Xurídicas, no marco do Programa Docentia da Universidade de Vigo.


EIDO CULTURAL:


DepCor_cor_vert — 2017 / Act. Membro do Plenario da Xunta Pro Devolución do Pazo de Meirás, constituida pola Deputación da Coruña, por designación do Padroado da Fundación Alexandre Bóveda.


logo-png— 2017 / Act. Socio e colaborador.

 


Fundación Amigos Prado— 2017 / Act. Amigo colaborador. 


AMUPo— 2014 / Act. Secretario xeral (2014), membro da Sección de Patrimonio e Bens Culturais (2016) e coordinador da Sección de Pensamento, Memoria e Sociedade (2017).


Museo Thyssen-Bornemisza— 2013 / Act. Amigo individual. Colaborador no Programa de amigos do Museo Thyssen-Bornemisza.

search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close