A representación estudantil nos órganos autonómicos de coordinación en materia de ordenación universitaria en España

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Fachada da sede do Ministerio de Educación. © Emilio J. Rodríguez Posada

Actualmente só hai tres Comunidades Autónomas (Andalucía, Cataluña e a Comunidade Valenciana) que prevén a representación estudantil nos seus órganos de coordinación universitaria, cumprindo así coa participación efectiva que esixe o artigo 27 da Constitución española, a respecto da programación xeral do ensino e a creación de centros docentes.

Dende a publicación do Real Decreto 1791/2010, polo que se aproba o Estatuto do estudante universitario, a participación estudantil na ordenación universitaria estatal está garantido -formalmente- mediante a posta en marcha do Consejo de Estudiantes Universitario del Estado (CEUNE), non así nas Comunidades autónomas -como o caso de Galiza-, cuxo desenvolvemento lexislativo só creou o Consello Galego de Universidades, pero excluíndo de entre os seus membros ao estudantado.

No ánimo de situar no debate público a nivel xurídico e institucional a exclusión que padece o sector estudantil -especialmente o galego- na toma de decisións sobre as políticas de coordinación universitaria, achego o informe que remitín en calidade de conselleiro social da Universidade de Vigo á Comisión Permanente do CEUNE, para o oportuno debate no seu seo, que se pode consultar aquí.

search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close