Presentación fallida

Estaba todo preparado. O texto impreso, as fotos escollidas e o lugar para a presentación non podía ser outro máis que o Museo de Pontevedra.

No día en que o pobo portugués celebraba a súa Revolução dos Cravos nós presentamos unha solicitude para que Carlos Valle nos deixara a zona acristalada do sexto Edificio ou, aquela que fose mellor, segundo o seu criterio.

Este venres 12, ás 12.00h, no que non había programada máis actividade, queríamos contar que logo de meses de traballo e investigación xa temos rematado o Relatorio sobre a protección do Pazo de Lourizán, unha obra colectiva que tiven o pracer de coordinar e na que traballei xunto con Anxo Arcay, Jorge Barrecheguren, Eloy Martínez e Santi Piñeiro.

Facer públicos varios descubrimentos, como o paradoiro de obras de arte, a ubicación orixinal das estatuas e unha listaxe de particularidades que fomos atopando mentres escribíamos.

Por que non poidemos facer a presentación?

Pois xa nos gustaría ter a resposta. Alomenos unha resposta.

Nin o responsábel técnico, Carlos Valle, nin o político, Xosé Leal, tiveron a educación suficiente como para responder á solicitude escrita. Para nós non era xa unha cuestión de deferencia, de grande atención. Era responder a unha solicitude.

Chegado este punto, fago a seguinte reflexión, en forma de preguntas:

Será a Asociación de Amigas e Amigos do Museo de Pontevedra un grupo tan molesto que non merecemos nin unha resposta? Será unha cuestión persoal que vai máis alá do grupo? Será que, como escribíu Manuel María, pódovos dicir mensaxes inefábeles, revelacións que non poidestes sospeitar?

Dicir o indicíbel, é ao que nos convida o ICOM no Día Internacional dos Museos.

Pois lémonos o 18.

__________

Imaxe destacada: © Mónica Patxot

search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close