Daniel de la Sota, Presidente.

Daniel de la Sota ValdecillaOs expreso mi agradecimiento por el nombramiento con que me distinguís. Antes, las Corporaciones como esta, ajustaban su labor de conjunto a las inspiraciones de su presidente. La que constituímos hoy la inspirará exclusivamente el único deseo que tenemos todos de cumplir honradamente con nuestras obligaciones: no podría inspirarse en presidencia mejor alguna. Yo seré, pues, más que presidente, un Diputado como todos, que como todos también, procurará distinguirse trabajando como el que más en beneficio de los interese provinciales. Vosotros, más que yo, venís aquí solamente por que el concepto que merecen vuestras virtudes de ciudadanos así lo han impuesto. Tenedlo en cuenta para que nuestra labor toda responda a esa historia. Habremos así logrado, al mismo tiempo que desempeñan nuestro cometido con eficaz provecho, para el interés público, retirarnos en su día con la satisfacción del deber cumplido.

O 20 de xaneiro de 1924, no Pazo Provincial de Pontevedra, Daniel de la Sota Valdecilla pronunciaba este breve descurso como primeira intervención inaugural dun novo mandato político na provincia ao tempo que no Estado o Directorio militar que dirixía o xeneral Primo de Rivera continuaba coa reforma da Administración. 

Coa Constitución española de 1876 suspendida sine die e os Estatutos Municipal e Provincial en proxecto, o Gobernador Civil de Pontevedra, o coronel Manuel Junquera Guerra, entrou ás 11 h. da mañá no Salón de Plenos do Pazo Provincial para dar posesión dos seus cargos aos 24 deputados provinciais que constituirían a nova Corporación; a saber: Guillermo Sarmiento Gil, Álvaro Losada Fernández-Prada, Pedro García Fernández e Martín Lago González polo distrito de Ponteareas – A Cañiza; Antón Losada Diéguez, Alfredo Espinosa, Joaquín Pimentel Aveleira e José Benito Porto Rial polo distrito de A Estrada – Lalín; Daniel de la Sota Valdecilla, Daniel Fraga Aguiar, José Olmedo Reguera e Ernesto Paz Martínez polo distrito de Pontevedra; Veremundo Trapote Legerén, José Suárez Filgueira, Justo Guisasola Vigil e Esteban Fuentes Martín polo distrito de Caldas de Reis – Cambados; Joaquín Buch Carsi, Mauro Alonso Jiménez Cuenca, Paulino Yáñez Llorente e Gaspar Massó García polo distro de Vigo – Tui e Ramón Laforet Cividanes, César Lois Vidal, Ramón González Fernández e Leopoldo Alonso Lamberty polo distrito de Redondela – Ponte Caldelas.

No seu descurso, o Gobernador Civil delimitou os temas que debían ser obxecto de estudo pola nova Corporación Provincial: a instalación da rede de telefonía provincial, a conservación da rede viaria, a beneficencia, o Hospital, a axuda ao sector agrícola e gandeiro e a instrución pública foron os puntos descursivos que o xefe político do Directorio militar na provincia lle deu aos novos deputados, adicando unhas liñas a cada un antes de abandonar o Salón.

Así, por 23 votos a favor e 1 papeleta en branco, tomou Daniel de la Sota posesión do cargo de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra. Co mesmo resultado asumiu a Vicepresidencia Paulino Yáñez Llorente e por maioría de votos foron eleitos José Suárez Filgueira e Leopoldo Alonso Lamberty novos Secretarios da institución provincial.

Tan só dez minutos despois, Daniel de la Sota afrontou como Presidente a primeira crise na Corporación. Antón Losada Diéguez, eleito por unanimidade como Vicepresidente da Comisión Permanente para o bienio 1923-1924, pedíulle aos seus compañeiros que o relevaran do cargo por dous motivos: o primeiro, a súa falla de condicións; e o segundo, porque el era deputado provincial para conseguir a mancomunidade galega “ideal que puede no ser acogido igualmente por mis compañeros de Corporación“.

De la Sota zanxou o debate afirmando que “los ideales del Sr. Losada Diéguez son armónicos con los intereses provinciales y por lo tanto ruega a dicho señor que acepte el cargo para el que fue elegido“.

Para finalizar, a Corporación acordou dividir o traballo na Comisión Permanente e nas de Beneficencia, Fomento, Facenda, Contas, Cultura, Hospicio e inclusa, Orzamentos, Foros e Contencioso; elixiron os vogais para a Comisión Mixta de Recrutamento durante o ano 1924, fixaron en dez o número de plenos que se habían celebrar e acordaron dirixir telegramas a El-Rei e ao Presidente do Directorio militar.

___

1. Imaxe procedente do Arquivo do Congreso dos Deputados ®.  

search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close