A Fundación Galiza Europa modifica as bases das súas bolsas para acadar maior transparencia.

A causa do proceso de selección para acadar as bolsas de formación en prácticas en temas relacionados coa Unión Europea para o ano 2014 tiven coñecemento, a través de vari@s compañeir@s da Universidade da Coruña, de que a Fundación Galiza Europa estaba premiando no seu proceso de selección ás persoas que xa desfrutaran dunha bolsa nesa institución en anteriores convocatorias.

Paz Franco, María TereixaA Deputada do Bloque Nacionalista Galego, Tereixa Paz, responsábel das áreas de institucional e administración pública no Parlamento de Galiza, formulou a pedimento noso unha iniciativa parlamentar para preguntarlle ao Goberno se non consideraba este feito como unha relación contractual encuberta para coa Fundación e se tiña pensado modificar as bases en sucesivas convocatorias.

Co novo proceso de convocatoria de bolsas para o ano 2015 a piques de rematar, o resultado é satisfactorio. A Fundación Galiza Europa modificou as bases da convocatoria, prohibindo que concorran persoas que xa foron beneficiarias en anos anteriores, polo que non foi admitida ningunha persoa na que concorrese este feito; dando así máis transparencia á formación que ofrece a Fundación mediante as súas bolsas formativas.

Imaxe destacada © Fundación Galicia Europa | Imaxe interior © Bloque Nacionalista Galego

%d bloggers like this:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close