Aprobamos os Orzamentos para 2015 na Universidade da Coruña.

O pasado 19 de Decembro tivo lugar a última sesión do ano 2014 do Consello de Goberno da Universidade da Coruña, no que se debateron dous dos documentos que van marcar a liña estratéxica a seguir no vindeiro 2015: o Proxecto de Orzamentos e o Plano Operativo Anual.

Para o estudantado está consignada a cantidade de 2.154.240,40 €, dirixida ás bolsas de colaboración, axudas ás asociacións e grupos de estudantes, axudas para viaxes de estudos, residencias universitarias, bono-bus, seguro escolar, premios á excelencia académica no Bacharelato, axudas do fondo social e Erasmus +, entre outros obxectivos.

No Consello de Goberno quixen facer fincapé en que o orzamento é moi positivo, en xeral, tendo en conta que a Universidade é un servizo público e como tal debe ser financiado pola Xunta de Galiza; e tamén é moi positivo para o sector do estudantado, xa que poderemos seguir mantendo as bolsas e as axudas para o estudantado e para as asociacións, mais, sobre todo, poderemos dar cumprimento a unha demanda histórica fundamental no noso sector, como é a posta en marcha da Residencia Universitaria da Coruña, seguindo o camiño que se comezou coa apertura da residencia no Campus de Ferrol. Por isto, votei a favor do Proxecto de Orzamento para 2015 e do Plano Operativo Anual que nos presentou a Vicerreitora de Planificación Económica e Infraestruturas, Amalia Blanco.

Captura de pantalla 2014-12-29 a las 9.34.31

Na quenda aberta, ademáis, realicei unha breve valoración das últimas eleccións aos órganos colexiados, nas que se ben é certo que a participación do estudantado baixou case un punto, dentro dos factores que xogan no sector C, débese en grande medida a que o proceso electoral non foi de aplicación á representación no Consello de Dirección da Escola Internacional de Doutoramento.

Tamén me dirixín á Vicerreitora de Estudantes, Deportes e Cultura, María José Martínez, para preguntarlle se tiña previsto incorporar á tenda virtual da UDC novo material corporativo, xa que imos rematar o ano sen que haxa un incremento de productos; e tendo en conta que a posta en marcha deste sevizo electrónico foi unha reivindicación do estudantado, que o sexa tamén a mellora dos productos que se ofertan; xa de cara ao Nadal, como tamén á celebración do 25 aniversario da Universidade.

Neste sentido parabenicei á institución pola posta en funcionamento da web http://25aniversario.udc.gal por ser visualmente clara e participativa.

Captura de pantalla 2014-12-28 a las 17.36.32

%d bloggers like this:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close