O Parlamento de Galiza debate sobre a reforma universitaria proposta polo Ministro Wert.

O pasado martes, 9 de Decembro de 2014, debatéuse na Comisión 4ª, de Educación e Cultura, do Parlamento de Galiza -a instancia do PSdG-PSOE- unha Proposición non de Lei en Comisión sobre a reforma universitaria proposta polo Ministro Wert, a través dunha Comisión de Expertos.

A esta iniciativa parlamentar presentaron emendas o Grupo Mixto e o Grupo Parlamentar do BNG; o primeiro para incluir na reunión entre o Goberno galego e os tres reitores das Universidades do SUGa aos representantes estudantís, e o segundo para matizar que eses representantes estudantís sexan os membros dos Consellos de Goberno das tres universidades.

Defensa da PNC pola Deputada do PSdG-PSOE, Concepción Burgo:

Defensa da emenda do Grupo Mixto pola súa Portavoz, Carmen Iglesias:

Defensa da emenda do Grupo Parlamentar do BNG polo seu portavoz na comisión, Cosme Pombo:

Posicionamento do Grupo Parlamentar da AGE polo seu portavoz na comisión, Ramón Vázquez:

Posicionamento do Grupo Parlamentar Popular polo seu portavoz na comisión, Román Rodríguez:

Quenda de réplica do grupo propoñente:

Votación:

O resultado é 6 votos a favor (Grupos Mixto, BNG, AGE e PSdG) e 7 votos en contra (Grupo PPdG), cos que o Grupo Parlamentar Popular impediu que a Xunta de Galiza promovera esa reunión cos reitores das tres universidades galegas para defender unha postura común a respecto da proposta do Ministro Wert de reforma do Sistema Universitario Español.

© Foto: Parlamento de Galicia.

%d bloggers like this:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close