#Transparencia na representación estudantil. Memoria do período 2013-2015.

Son membro do Claustro Universitario dende as eleccións aos órganos colexiados do 5 de Febreiro de 2013, nas que fun candidato na Facultade de Dereito pola coalición electoral CUE (Candidatura Unitaria de Estudantes) – REDE (Representantes de Estudantes), obtendo o 5º posto dos 7 que se disputaban, con 61 votos.

Neste período fun membro do propio Claustro Universitario e da súa Mesa; do Consello de Goberno e das Comisións delegadas de Bibliotecas, Docentia, Extensión Universitaria e da Comisión de Seguimento do Plano de Normalización Lingüística da UDC.

paraninfoCon respecto ao CLAUSTRO UNIVERSITARIO, na primeira sesión ordinaria, do 30 de Abril de 2013, que foi a sesión constituínte do novo Claustro Universitario, posicionéime a favor do Documento Misión, Visión e Valores do Plano Estratéxico 2013 – 2020, que presentou a Vicerreitora de Planificación Económica e Infraestruturas, Amalia Blanco Louro.

Participei da elección dos representantes do estudantado na Mesa do Claustro, na Comisión Electoral Central e no Consello de Goberno, sendo eleito para a Mesa do Claustro.

1

Finalmente, na quenda aberta de intervencións dixen…

2

Na sesión do 4 de Decembro de 2013, votei a favor do Plano Estratéxico 2013 – 2020; así como tamén votei a favor das liñas xerais de programación plurianual e orzamentaria para os anos 2014 – 2015.

Na quenda aberta, esta foi a miña intervención:

1

Na sesión do 6 de Maio de 2014 votei a favor do Informe do Reitor, e na quenda aberta fixen a seguinte intervención:

Captura de pantalla 2014-12-09 a las 22.03.11

sala_xuntas

No que ten a ver coa MESA DO CLAUSTRO, houbo primeira sesión o 25 de Novembro de 2013. Aquí aprobamos a acta da anterior sesión; déuse conta aos membros da Mesa das altas e baixas nos Claustrais e acordóuse o contido da Orde do Día do Claustro Universitario do 4 de Decembro de 2013.

Na sesión do 19 de Novembro de 2014 aprobóuse a acta da anterior sesión e acordóuse o contido da Orde do Día do Claustro Universitario do 3 de Decembro de 2014.

Con respecto ao CONSELLO DE GOBERNO, na sesión do 28 de Maio de 2013 fun nomeado membro da Comisión de Bibliotecas:

1

Na sesión do 29 de Outubro de 2013 fun nomeado membro do Consello de Goberno, por designación do Reitor en sustitución de Juan Pirola Lorenzo, asumindo as comisións delegadas que éste tiña asignadas –Comisión de Extensión Universitaria e Comisión de Prácticas-:

1

Na sesión do 26 de Novembro do 2014 intervín no punto de Renovación e aprobación de títulos propios neste sentido:

Captura de pantalla 2014-12-09 a las 3.32.58

Na quenda aberta de intervencións demandei a elaboración dun protocolo contra o acoso escolar por razón de orientación sexual, entre outras consideracións:

Captura de pantalla 2014-12-09 a las 3.35.07

Na sesion do 30 de Xaneiro do 2014 intervín na quenda aberta para trasladar unha problemática d@s estudantes do 3º ciclo a respecto do seu currículo específico:

Captura de pantalla 2014-12-09 a las 3.53.20

Na sesión o 30 de Abril do 2014 intervín para reclamar o envío de documentación no punto do Regulamento do CITEEC:

Captura de pantalla 2014-12-09 a las 11.13.40

E na quenda aberta preguntei pola tenda da UDC e polo Recurso de Alzada presentado polo estudante Adrián Fraga Dopazo, sobre o reintegro dunha bolsa de estudos do MECD:

Captura de pantalla 2014-12-09 a las 11.18.47

Na sesión do 27 de Maio de 2014 intervín no punto de Proposta de modificación do Regulamento de estudos de doutoramento, no que me abstiven, xunto co resto de estudantes presentes e do PAS, Xosé Portela:

Captura de pantalla 2014-12-09 a las 11.24.47

Tamén expuxen a Declaración institucional da UDC polo Día do Orgullo LGTBIQ:

Captura de pantalla 2014-12-09 a las 11.29.58

E din réplica ao Profesor Dr. José Manuel Sobrino Heredia e aos representantes membros do Consello Social, José Venegas Alonso e Nona Inés Vilariño Salgado:

Captura de pantalla 2014-12-09 a las 11.31.39

Na quenda aberta de intervencións posicionéime en contra das declaracións do Presidente do Consello Social, Antonio Abril Abadín, sobre a reforma da gobernanza nas universidades:

Captura de pantalla 2014-12-09 a las 11.35.04

Na sesión do 30 de Setembro de 2014, na quenda aberta, intervín para preguntar a respecto do estudantado a tempo parcial, a obrigatoriedade de asistencia ás aulas e a convocatoria de bolsas de predoutorais da UDC, entre outras cousas:

Captura de pantalla 2014-12-09 a las 11.39.03

Con esta “memoria” deixo claro o compromiso que adquirín ao inicio do mandato de dar cumprida información ao estudantado da Universidade da Coruña, e coas eleccións do 11 de Decembro de seguido, de sair reelixido, seguirei a traballar na defensa dun ensino público, galego, corresponsábel e de calidade. Grazas!

%d bloggers like this:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close