Toque de atención ao Vicerreitor de Investigación e Transferencia.

Na sesión do Consello de Goberno deste pasado martes, 27 de Maio, @s 5 estudantes presentes -de 8 que somos- plantámonos no Punto 4. Proposta de modificación do Regulamento de Estudos de Doutoramento.

Defendín unha abstención do noso sector porque aínda que co fondo da proposta non podemos máis que estar dacordo, as formas non nos pareceron as máis axeitadas aos tempos prefixados.

A proposta de modificación versaba sobre un acordo excepcional, adoptado no Consello de Goberno de Outubro do 2013, que permitía a simultaneidade dos estudos de doutoramento con outros estudos de grao ou mestrado na UDC. Pois ben, estamos no proceso de eleccións a representantes d@s estudantes no Consello de Dirección da Escola Internacional de Doutoramento, sendo o 30 de Maio a data de proclamación definitiva de candidat@s eleit@s.

Entón, xa que a vixencia do acordo excepcional non expira ate Xullo do 2014, final do curso académico 2013/2014, non estamos dacordo en que se tome esta decisión en Maio, case, case en fraude de lei, dado que estamos furtándolles @s estudantes proclamad@s eleit@s provisoriamente a posibilidade de tomar as decisións que como representantes lles corresponde.

Así o quixemos garantir dende a comunidade universitaria cando aprobamos dous textos fundamentais, como foron o Estatuto do Estudantado da Universidade da Coruña no 2007 e o Estatuto do Estudante Universitario, con rango de Real Decreto, no 2010, que case estamos a conculcar traendo a proposta no mes de Maio e non ao Consello de Goberno de Xuño, cando xa @s 13 estudantes eleitos fagan parte do Consello de Direccion da Escola Internacional de Doutoramento, así como do seu órgano executivo; xa que, ademáis, a Comisión Permanente -na que haberá 1 estudante des@s 13- ten prevista a vindeira reunión para o 18 de Xuño; dando tempo a cumprir as formas democráticas e respectando os procesos electorais abertos entre o sector do estudantado.

Ao fío desta abstención sumóuse no propio Consello de Goberno o PAS, Xosé Portela, ao que agradecemos a súa solidariedade.

%d bloggers like this:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close