A FIRMA

VÁZQUEZ-REY é unha firma galega de servizos xurídicos, centrada na representación procesual integral como Procuradores dos Tribunais, encargándonos das xestións de carácter xudicial, extraxudicial ou administrativo.

Ademáis, o despacho traballa nos ámbitos do Patrimonio cultural e a Memoria histórica, materias nas que realizamos consultoría e asesoramento legal e técnico.

 

O despacho está dirixido por Ernesto Vázquez-Rey, colexiado núm. 182 do Ilustre Colexio de Procuradores de Pontevedra.

Licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña e investigador na Área de Dereito Administrativo, conta con ampla experiencia en diversas ramas do Dereito. Avogado colexiado -non exercente- no Ilustre Colegio de Abogados de Lucena, está habilitado polo Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia, para o exercicio da profesión.

RESPONSABILIDADE SOCIAL CORPORATIVA

A firma conduce a súa actividade de Responsabilidade Social Corporativa a través da súa disposición a implementar as colaboracións e axudas necesarias en beneficio da sociedade ou das entidades representantivas de intereses sociais e culturais.

search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close